Estratexia Europea de Seguridade e Saúde 2021-202711-01-2021 - A Comisión Europea publicou a primeira Folla de Roteiro a finais de outubroA Comisión Europea publicou o pasado 29 de outubro a súa folla de roteiro sobre a futura Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo (SSO) 2021-2027. O documento estivo aberto a comentarios ata o 26 de novembro pasado. Neste momento, está aberto o período de consulta pública (de 07 decembro de 2020 a 01 marzo de 2021) | ![]() |
|---|
A iniciativa baséase no anterior Marco Estratéxico da UE 2014-2020; así a Comisión ten previsto traballar nos temas incluídos nas estratexias anteriores, como a redución da exposición a substancias perigosas, os accidentes de traballo, riscos emerxentes vinculados ás novas tecnoloxías e incorpora novos temas como a preparación para unha pandemia e as condicións para seguir traballando durante estas. Os medios previstos van desde estimular a coordinación e o intercambio de boas prácticas entre os Estados membros ata fomentar a actualización dos plans nacionais de Seguridade e Saúde no Traballo.
A nova Estratexia podería publicarse no segundo trimestre de 2021.
Ligazón ao texto completo da Folla de roteiro.
Ligazón á nova en ec.europa.eu
Ligazón á nova en Eurogip
Fontes: ec.europa.eu; eurogip