Directrices básicas para a avaliación de riscos laborais10-02-2022 - INSSTO obxectivo xeral do presente documento é definir directrices básicas para levar a cabo a avaliación de riscos laborais de forma eficiente nas organizacións. Este documento, á súa vez, ten dous obxectivos específicos: establecer as bases conceptuais e as etapas esenciais para avaliar os riscos laborais -nos apartados 2, 3 e 4- e facilitar a identificación da normativa e criterios, métodos e instrumentos máis relevantes en materia de avaliación de riscos laborais -no seu anexo II- |
|---|
Por último, é necesario subliñar que as directrices expostas neste documento achegan unha visión xeral á hora de abordar a avaliación de riscos laborais, sendo necesario complementalas con criterios específicos que o INSST publica noutros documentos entre os que poden destacarse as guías técnicas, as directrices básicas ou as notas técnicas de prevención, entre outros.
Ligazón ao documento Directrices básicas para a avaliación de riscos laborais
Así, polo seu carácter transversal, é de interese consultar os diferentes apartados dedicados á avaliación de riscos laborais incluídos nas seguintes publicacións elaboradas polo INSST:
• Guía técnica para a “simplificación documental”.
• Guía técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos.
• Directrices básicas para o desenvolvemento da prevención dos riscos laborais na empresa.