Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Dereito á desconexión dixital

05-03-2026 - SEGURIDADE LABORAL

O dereito á desconexión dixital é a lei que permite ás persoas traballadoras non estar conectados aos seus dispositivos tecnolóxicos laborais fóra da súa xornada habitual. Esta normativa busca protexer a saúde mental, a conciliación familiar e a vida persoal fronte á hiperconectividade imposta polo teletraballo e as tecnoloxías móbiles. A súa correcta aplicación depende tanto da vontade empresarial como da reivindicación por parte das persoas traballadoras e os seus representantes sindicais. Coñecer estes límites permite construír contornas laborais máis sostibles e produtivas a longo prazo.

Este dereito outorgouse mediante a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de modificación da Lei de Protección de Datos e garantía dos dereitos dixitais. O Real Decreto-Lei 28/2020, do 22 de setembro (derrogado) -que se entende tácitamente substituído pola lei 10/2021 de 9 de xullo, de traballo a distancia- reforzouno especificamente para o teletraballo, obrigando ás empresas para negociar protocolos de desconexión cos representantes das persoas traballadoras.

Condicións de cumprimento para as empresas

-Respecto horario. Non contactar coa persoa traballadora mediante correos, chamadas ou mensaxes instantáneos fóra da súa xornada laboral, salvo excepcións pactadas.

-Formación obrigatoria. Capacitar ao persoal no uso adecuado das ferramentas dixitais e na xestión do tempo de descanso.

-Protocolo escrito. Estabelecer procedementos concretos que garantan o cumprimento deste dereito, especialmente en equipos distribuídos xeograficamente.

Artigo 18. Dereito á desconexión dixital. - Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.-

1. As persoas que traballan a distancia, particularmente en teletraballo, teñen dereito á desconexión dixital fose do seu horario de traballo nos termos establecidos no artigo 88 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

O deber empresarial de garantir a desconexión conleva unha limitación do uso dos medios tecnolóxicos de comunicación empresarial e de traballo durante os períodos de descanso, así como o respecto á duración máxima da xornada e a calquera límites e precaucións en materia de xornada que dispoñan a normativa legal ou convencional aplicables.

2. A empresa, previa audiencia da representación legal das persoas traballadoras, elaborará unha política interna dirixida a persoas traballadoras, incluídas os que ocupen postos directivos, na que definirán as modalidades de exercicio do dereito á desconexión e as accións de formación e de sensibilización do persoal sobre un uso razoable das ferramentas tecnolóxicas que evite o risco de fatiga informática. En particular, preservarase o dereito á desconexión dixital nos supostos de realización total ou parcial do traballo a distancia, así como no domicilio da persoa empregada vinculado ao uso con fins laborais de ferramentas tecnolóxicas.

Os convenios ou acordos colectivos de traballo poderán establecer os medios e medidas adecuadas para garantir o exercicio efectivo do dereito á desconexión no traballo a distancia e a organización adecuada da xornada de forma que sexa compatible coa garantía de tempos de descanso.

Tecnicamente, poden reivindicar este dereito todos as persoas empregadas do sector privado con contrato laboral. Con todo, a súa aplicación é máis complexa na modalidade do teletraballo, posto que a fronteira entre o espazo persoal e o espazo profesional dilúese no fogar. As persoas autónomas tamén poden negociar estas condicións nos seus contratos de prestación de servizos.

O organismo laboral Estatal correspondente pode impoñer multas por infraccións relacionadas coa vulneración do Dereito á Desconexión. Ademais, a persoa traballadora ten a posibilidade de reclamar danos e prexuízos se acredita un impacto sobre a saúde derivado da conectividade forzada.

Boas prácticas recomendadas

O dereito á desconexión non é un capricho regulatorio, senón unha ferramenta de prevención de riscos psicosociais. Para que este dereito sexa efectivo, suxírese:

-Desactivar notificacións laborais en dispositivos persoais trala xornada.

-Estabelecer «horarios de cortesía» para o envío de comunicacións non urxentes.

-Utilizar as funcións de programación para o correos electrónicos.

-Distinguir claramente entre as canles de comunicación urxentes e os rutineiros.

-Documentar incumprimentos sistemáticos diante a representación sindical.

 

Ligazón á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Ligazón á Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.

 

Fontes: seguridadlaboral.es, BOE

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS