Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Dende soportar pesadas cargas de traballo a sufrir dor de ombreiros: é hora de revisar o estrés relacionado co traballo e os TME

20-09-2022 - EU-OSHA

As elevadas esixencias e a pouca satisfacción no traballo poden causar ou exacerbar os trastornos músculo esqueléticos (TME) relacionados co traballo. Dado que están moi interconectados, é mellor que abordemos conxuntamente os riscos psicosociais e os TME.

Factores psicosociais na prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) de orixe laboral

Folla informativa

Os trastornos musculoesqueléticos (TME) de orixe laboral adoitan asociarse a factores de risco físicos como a manipulación de cargas pesadas ou os movementos repetitivos. Con todo, os factores psicosociais poden desempeñar un papel importante. Non só contribúen ao risco de desenvolver ou agravar TME, senón que tamén poden ser un obstáculo á hora de volver ao traballo.

Esta folla informativa identifica os factores asociados aos TME, como unha carga excesiva de traballo e un apoio social deficiente, e explica os efectos que estes factores de estrés teñen na nosa fisioloxía. Mostra que a clave para reducir ao mínimo os seus efectos é unha formulación holística e participativa da avaliación do risco nos lugares de traballo que teña en conta os factores físicos e psicosociais de forma conxunta.

PPT

Aínda que os factores de risco físico constitúen polo xeral o principal influxo relacionado co traballo nos trastornos musculoesqueléticos (TME), os factores psicosociais no lugar de traballo poden contribuír significativamente ao risco de contraer TME e a exacerbar un problema xa existente.

Esta presentación en Power Point analiza a posible interrelación entre os factores psicosociais e os TME e proporciona recomendacións útiles para identificar a orixe do problema e desenvolver medidas preventivas.

 

Ligazón ás ferramentas prácticas e orientación sobre os riscos psicosociais e os TME na páxina web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS