Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Clausura da campaña "Traballando xuntos para a prevención de riscos"

14-11-2013 - EU-OSHA

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) clausura a súa campaña "Traballando xuntos para a prevención de riscos"

Segundo declaracións da Dra. Christa Sedlatschek, Directora de EU-OSHA: "As campañas Traballos Saudables demostraron ser, unha vez máis, unha das formas máis exitosas e eficaces para promover unha boa SST dende a base.

Comprácenos que tantas empresas e organizacións de toda Europa participasen nesta campaña de prevención de riscos. Todos eles entenden e aprecian a enorme contribución que a SST pode realizar para mellorar as condicións laborais".

Xunto coa rede de centros de referencia de EU-OSHA a escala europea, participaron na campaña un número récord de socios oficiais: 87 empresas e organizacións. A campaña está operativa dende abril de 2012, e promoveu, entre empregados e directivos, o traballo en equipo para xestionar os riscos no lugar de traballo.

O acto de clausura ofrece un adianto da campaña de EU-OSHA para 2014-15, "Os Traballos Saudables xestionan o estrés", que se presentará na primavera de 2014. A campaña proseguirá co lema colaborador que aplicará á xestión do estrés laboral e os riscos psicosociais, o segundo problema relacionado coa SST máis notificado en Europa.

Ligazón: Campaña de Lugares de traballo saudables

 

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS