Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña do INSST: "Con sol é tempo de prevención"

21-06-2023 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon en marcha a campaña “Con sol é tempo de prevención”, unha acción de sensibilización dirixida a previr os danos asociados á exposición ás altas temperaturas e á radiación solar no ámbito laboral. Establecer medidas preventivas é clave, especialmente nos sectores nos que gran parte da súa actividade desenvólvese ao aire libre como son os da construción, a pesca, a agricultura ou o sector servizos

Esta campaña faise especialmente necesaria este ano, xa que as predicións meteorolóxicas da Aemet apuntan unha alta probabilidade de que o trimestre xuño-xullo-agosto sexa máis cálido do normal, polo que todo parece indicar que viviremos episodios de altas temperaturas, á vez que sabemos que durante o verán tamén se alcanzan os valores máis altos no índice de radiación UV.

Por todo iso, o INSST pon en marcha esta campaña que conxuga dúas mensaxes: “no traballo que o sol non dea nin golpe” e “no traballo que o sol non che queime”, presentes nas distintas pezas, como vídeos divulgativos, co obxectivo de chamar a atención e contribuír a evitar que poidan chegar a producirse efectos tan graves como o golpe de calor ou o cancro de pel.

Para facilitar o acceso a toda a información, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo habilitou un espazo específico para esta campaña na súa web que contén, entre outros materiais, o decálogo de consellos e recomendacións para combater os efectos daniños da exposición a altas temperaturas e radiación solar.

Decálogo para combater o sol no traballo

1. Aclimatarse á calor de forma paulatina.

2. Planificar o traballo para evitar ou diminuír a exposición durante as horas centrais do día.

3. Habilitar zonas de descanso con sombra e realizar pausas con maior frecuencia.

4. Adaptar o ritmo de traballo.

5. Hidratarse constantemente.

6. Vestir roupa folgada e transpirable.

7. Cubrirse a cabeza e protexer os ollos usando, por exemplo, chapeus e lentes de sol.

8. Aplicar protección solar e renovala asiduamente.

9. Evitar o traballo en solitario.

10. Chamar a emerxencias #ante a sospeita de golpe de calor.

Ligazón ao espazo específico para esta campaña na web do INSST

Ligazón ao Dossier informativo, Campaña de sensibilización. Traballos á intemperie: riscos relacionados coa temperatura e coa radiación solar

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS