Campaña ISSGA: Teletraballa con prevención23-09-2022 - ISSGACo obxecto de que o traballo a distancia se leve a cabo dentro das mellores condicións posibles de seguridade e saúde, o ISSGA levará a cabo esta campaña de sensibilización para facilitar as recomendacións e as medidas preventivas máis apropiadas para desenvolver esta actividade |
|---|
O traballo a distancia leva consigo importantes beneficios como a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a redución e aforro de custos, o aumento da produtividade e racionalización de horarios, a atracción e retención do talento ou a redución do absentismo.
Con todo, tamén pode afectarlle á saúde musculoesquelética ou mental debido aos longos períodos de traballo con pantallas de visualización, o illamento, unha maior inactividade física, os límites difusos entre traballo remunerado e vida privada ou o estrés. Débense promover unhas boas prácticas preventivas, entre as que destaca a formación específica dos riscos laborais.
Ligazón á Presentación
Ligazón ao Tríptico
Ligazón ao Cartel
ISSGA