Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Aprobado o borrador de Norma Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo

26-07-2017 - ISO

O Comité internacional que elabora a futura Norma de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, ISO 45001, aprobou o borrador deste documento. A publicación da que será a primeira Norma internacional ISO (Organización Internacional de Normalización) neste ámbito está prevista para finais de 2017 ou 2018. Na súa elaboración participan 100 expertos de 70 países, entre eles o Estado español a través da Asociación Española de Normalización, UNE.

A ISO 45001, que está baseada en referencias como a OSHAS 18001, establecerá os requisitos para implantar un Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo e está previsto que inclúa un anexo con orientacións para o uso; esta norma pretende reforzar o papel da alta dirección no liderado do Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, desenvolver indicadores para demostrar a mellora continua e salientar a participación de traballadores/as de todos os niveis da organización.  Así mesmo presenta unha común cos documentos de xestión máis empregados no mundo, ISO 9001 (Calidade) e ISO 14001 (Medio Ambiente).

A futura norma ISO 45001, de aplicación voluntaria, está destinada para aplicarse a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou natureza e será certificable por unha terceira parte independente. A publicación da ISO 45001 non supoñerá a desaparición a curto prazo de OHSAS 18001 e as organizacións certificadas que o desexen poderán realizar a migración á ISO 45001.

Ligazón á páxina de AENOR que aloxa o documento (dispoñible logo de pagamento)  ISO/DIS 45001.2:2017 Sistemas de gestión de la seguridad y salud en el trabajo. Requisitos con orientación para su uso

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS