Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Alerta ISSGA: paneis solares en cuberta

02-05-2024 - ISSGA

Esta campaña do ISSGA ten como obxectivo presentar a documentación técnica que informa e sensibiliza sobre o risco de caída en altura na instalación e mantemento de paneis solares en cuberta e aporta recomendacións preventivas fronte a este risco que contribúan a reducir a sinistralidade laboral.

A campaña inclúe a publicación e difusión de dous documentos sobre o risco de caída de altura asociados á instalación e ao mantemento de paneis solares en cuberta. O primeiro, en forma de alerta, consta de explicacións sinxelas e resumidas. O segundo documento, máis extenso, cita a normativa que resulta de aplicación nestes casos e amplía a información coas distintas obrigas de todos aqueles que interveñen nesta actividade, tanto para os casos nos que se teñan instalados paneis solares na súa cuberta, como os que decidan instalalos ou para os instaladores.

Deste xeito, nos dous formatos de documento que compoñen esta campaña danse recomendacións preventivas para evitar o risco de caída de altura, tendo previsto como acceder, permanecer e realizar estes traballos de forma segura.

Ligazón ao documento: Paneis solares en cuberta: Recomendacións preventivas contra caída de altura

Ligazón ao cartel:  Paneis solares en cuberta: Recomendacións preventivas contra caída de altura

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS