Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A desconexión dixital no ámbito laboral

22-10-2026 - Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales

O Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales vén de publicar un novo material divulgativo en formato políptico centrado no dereito á desconexión dixital no ámbito laboral, co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos da hiperconectividade e protexer a saúde e o descanso das persoas traballadoras.

O uso intensivo de dispositivos móbiles e ferramentas tecnolóxicas fai que os límites entre a vida laboral e a persoal sexan cada vez máis difusos. Ante esta realidade, o IAPRL lembra a vixencia e a importancia dun dereito fundamental recoñecido na normativa vixente: a desconexión dixital.

A través dun novo material divulgativo en formato políptico, dispoñible no sitio oficial do IAPRL, o organismo aborda as preguntas máis frecuentes sobre esta materia: quen teñen este dereito, cal é o marco normativo aplicable (como a Lei Orgánica 3/2018 e o Estatuto das Persoas Traballadoras) e se resulta obrigatorio que as empresas conten cunha política interna específica.

Ligazón ao documento “A desconexión dixital”. IAPRL 2026

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS