Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A Xunta desenvolverá unha campaña en 208 concellos de Galiza para concienciar sobre os riscos no manexo do tractor

14-11-2018 - ISSGA

O obxectivo da campaña é concienciar e reducir a sinistralidade neste sector, especialmente no eido rural, sensibilizando á poboación para que incorpore nas súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas.

A campaña estará presente en toda Galiza con especial atención no medio rural e en 208 concellos. Deste xeito, repartiranse por toda a Comunidade 18.000 fichas informativas e 5.000 carteis con información sobre as causas máis recorrentes dos sinistros e as recomendacións básicas que poden evitar accidentes ou, polo menos, minimizar as súas consecuencias.

A campaña vai dirixida non só á poboación traballadora senón tamén ao resto da cidadanía que utiliza o tractor en actividades no ámbito familiar. Así mesmo, a iniciativa vai destinada á poboación máis nova co obxectivo de que incorporen o valor da anticipación ao risco como xeito de evitar os perigos e os accidentes no manexo do tractor.

A campaña xirará en torno a tres eixos principais: alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informando de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; informar de cales son as causas máis habituais; e achegar as recomendacións básicas, que de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, polo menos, minimizarían as súas consecuencias.

Deste xeito, na documentación recóllese información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos neste eido: a seguridade viaria, a protección de toma de forza e do eixo cardánico, as proteccións do tractor fronte a envorcadura e medidas contra a envorcadura.

Ligazón a “Campaña de prevención de riscos no tractor” –ISSGA- 

Descarga Cartel

Descarga Tríptico

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS