Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña "Traballos saudables: alerta fronte a substancias perigosas"

16-01-2018 - EU-OSHA

Nova campaña da EU- OSHA centrada na prevención dos riscos por exposición a substancias perigosas. Segundo se indica na guía da campaña, aínda que nas últimas décadas, substancias como o asbesto (que causa graves enfermidades pulmonares) ou o cloruro de vinilo (que causa cancro de fígado), foron prohibidas, restrinxidas ou sometidas a un estrito control regulamentario as substancias perigosas continúan a ser un importante problema de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

As grandes empresas empregan a miúdo máis de 1,000 produtos químicos diferentes, como pinturas, tintas, pegamentos ou limpadores. Habitualmente estos produtos consisten nunha mestura de varias substancias químicas. Incluso pequenas empresas como talleres de reparación de automóbil poden empregar un número similar. Nalgúns sectores, como a construción, decenas de miles de produtos químicos están dispoñibles no mercado para unha gran variedade de tarefas. Dependendo das tarefas, un só traballador/a pode entrar en contacto con algúns centos de substancias químicas diferentes.
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS