Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Xornada Técnica sobre Mantemento Preventivo na Construcción Naval.

04-11-2010 - Mantemento Preventivo Sector Naval

As expectativas postas na xornada técnica convocada polo Gabinete en adhesión á campaña promovida pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, centrouse na importancia do Mantemento Preventivo na Construción Naval para manter uns niveis óptimos de seguridade e saúde nos postos de traballo dun importante número de traballadores e traballadoras galegas.

Máis de 40 participantes, a meirande parte delegados e delegadas de prevención, participaron nesta xornada na que quedou de manifesto a importancia que teñen as actuacións nun aspecto fundamental como é o mantemento preventivo en lugares e equipos de traballo.

Tal e como estaba previsto a Mesa Redonda sobre a “Importancia do mantemento preventivo e a coordinación de actividades empresariais no proceso produtivo da construción naval”, moderada por Alfonso Tellado Sande e coa participación de Javier Rego Vivero, Coordinador de Produción de TECMAN, e de Xosé Teixido, responsábel de Saúde Laboral de CIG –Metal de Ferrol, suscitou un interesante debate no que saíron a relucir as carencias máis importantes das empresas que non entenden a prevención como un investimento de futuro e nas que a produción prima sobre a prevención.

Pola súa banda, Francisco Nores Quesada, Xefe Sección do Centro Provincial A Coruña do ISSGA realizou unha intervención sobre a “Importancia do mantemento preventivo no proceso produtivo” deixando patente que a non prevención, neste caso a desatención do mantemento de equipos, máquinas e lugares de traballo soe desembocar en accidentes de traballo, evitables se a planificación preventiva atendese ao mantemento como unha prioridade.

O peche da xornada correu a cargo de Ana Pouso e Verónica Martínez, Inspectoras de Traballo da Delegación Provincial de Pontevedra. Ana Pouso, especialista en Sector Naval disertou sobre a importancia da avaliación de riscos para unha planificación preventiva correcta e as responsabilidades da empresa a este respecto. Pola súa banda Verónica Martínez, presentou a importancia dos Delegados e Delegadas de prevención e da representación dos traballadores/as en xeral, e o seu papel, dereitos e deberes, na implantación da prevención nas empresas.

Con actividades deste tipo, a CIG segue a apostar, dentro dos nosos compromisos como organización , con tódalas iniciativas que redunden na mellora dunhas condicións de traballo seguras e saudables para os traballadores e traballadoras galegas, un compromiso colectivo, que promovemos como un imprescindible e referente no nosa actividade cotiá.

 

Visita a web de Saúde Laboral 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS