Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Xestionar os riscos psicosociais relacionadas co traballo durante a pandemia de COVID-19

02-09-2020 - OIT

A fin de protexer o benestar dos traballadores/as durante este período de crise e cambios, a OIT publicou unha nova guía dirixida aos empregados/as, empregadores/as e xerentes "Managing work-related psychosocial risks during the COVID-19 pandemic" (Xestionar os riscos psicosociais relacionadas co traballo durante a pandemia de COVID-19).

A guía abarca dez ámbitos de acción, durante o confinamento e ao regreso ao lugar de traballo. Contén orientación sobre a maneira de organizar o espazo físico no lugar de traballo, incluíndo a disposición e os puntos de exposición aos axentes perigosos; a forma de avaliar o volume e a distribución do traballo no contexto específico da  COIVD-19; como abordar a violencia e o acoso; e de que maneira un liderado firme e eficaz pode ter un impacto positivo sobre os empregados/as.

Ademais, explica aos traballadores/as como protexerse a si mesmos do despedimento inxusto en situacións nas que se rehúsan a traballar por medo a que a súa saúde ou a súa vida poidan estar en perigo.

Ligazón  á Guía "Managing work-related psychosocial risks during the COVID-19 pandemic" (en inglés)

 

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS