Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Xestionar correctamente os riscos psicosociais nas microempresas e as pequenas empresas europeas

07-04-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Como complemento dos resultados da enquisa ESENER 2019, este informe analiza como as microempresas e as pequenas empresas fan fronte aos riscos psicosociais novos e emerxentes. Un elevado volume de traballo, uns prazos axustados e uns clientes esixentes son os riscos psicosociais máis comúns aos que se enfrontan as pequenas empresas. A COVID-19 tamén afectou negativamente á vida do persoal traballador e ás empresas.

Os informes detallados por país analizan os resultados das entrevistas realizadas a directivos/as e traballadores/as en Dinamarca, Alemaña, España, Croacia, os Países Baixos e Polonia.

Ligazón ao informe "Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019)":

Este informe expón as principais conclusións dun estudo sobre a xestión dos riscos psicosociais nos lugares de traballo europeos. Baséase en probas cualitativas extraídas de entrevistas a microempresas e pequenas empresas de Dinamarca, Alemaña, España, Croacia, os Países Baixos e Polonia, todas elas participantes na terceira Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER 2019).

O informe ofrece información que profunda na maneira en que se organiza a xestión dos riscos psicosociais nas microempresas e pequenas empresas, segundo o persoal directivo e o persoal traballador. Axuda a entender mellor os factores que determinan o marco no que operan as empresas, incluídos o contexto nacional, os factores económicos e os asuntos relacionados co emprego.

O estudo confirma as conclusións de ESENER 2019 segundo as cales, de acordo cos entrevistados/as, ofrecer unha maior flexibilidade aos traballadores/as en canto á organización das súas tarefas e horario laboral sería a mellor maneira de evitar os riscos psicosociais e facer fronte ás repercusións da pandemia de COVID-19.

Ligazóns ao resumo e os seis informes de países «A xestión dos riscos psicosociais nas microempresas e as pequenas empresas europeas: probas cualitativas extraídas de ESENER 2019»:

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report SPAIN":

Este informe presenta o caso de España nun estudo cualitativo de seguimento da terceira Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER 2019) en relación coa xestión dos riscos psicosociais nas  microempresas e as pequenas empresas (pemes). Con frecuencia, o persoal directivo e os traballadores/as de pemes entrevistados descoñecían as políticas estatais ou sectoriais relacionadas coa saúde e a seguridade laborais en xeral e cos riscos psicosociais en particular.

Neste sentido, as conclusións deixan patente que nas pemes concédese menos atención aos riscos psicosociais que aos riscos físicos e á seguridade, e que cambiar a mentalidade no traballo é clave á hora de xestionar os riscos psicosociais. Resulta interesante observar que a pandemia de COVID-19 incitou a algunhas empresas para tomar medidas para abordar os riscos psicosociais relacionados co traballo a distancia.

O estudo pon de relevo a necesidade de incrementar a concienciación sobre os riscos psicosociais entre os directivos/as e os empregados/as. Tamén é necesario implicar en maior medida aos empregados/as na identificación dos riscos psicosociais e na aplicación de medidas para facerlles fronte.

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report GERMANY":

Realizáronse corenta entrevistas a directivos/as e traballadores/as de pemes. Os principais riscos identificados foron os clientes difíciles e os prazos axustados, mentres que as principais razóns que levaron a ocuparse da saúde e a seguridade no traballo foron o cumprimento das obrigacións legais e a consolidación da reputación da organización. A reticencia para falar abertamente sobre a cuestión constitúe a principal dificultade á hora de abordar os riscos psicosociais. O informe aborda as conclusións no contexto da pandemia de COVID-19.

Facer fincapé nos riscos psicosociais durante as inspeccións de traballo sobre o terreo pode incrementar a concienciación e o coñecemento deste problema nas pemes. Tamén existe potencial para apoiar o cambio nas organizacións a través da formación, a sensibilización e as enquisas sobre a contorna laboral.

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report POLAND":

Os resultados deste informe indican que as  microempresas de Polonia atópanse nas fases iniciais de desenvolvemento dunha gran concienciación e de mecanismos adecuados para previr e abordar os riscos psicosociais e pon de relevo a necesidade de ter máis en conta o benestar psicosocial e mellorar significativamente a xestión dos riscos psicosociais entre as pemes de Polonia. O informe analiza os resultados no contexto da pandemia de COVID-19.

O estudo mostra que o principal factor que intervén na xestión da saúde e a seguridade no traballo nas pemes polacas é, en gran parte, o medo ás inspeccións. A concienciación en relación cos riscos psicosociais é relativamente baixa, tamén no que respecta a as obrigacións legais. Segundo os directivos/as e traballadores/as de pemes entrevistados, as actuacións centradas especificamente nos procedementos e mecanismos para xestionar os riscos psicosociais son limitadas.

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report THE NETHERLANDS":

As entrevistas con directivos/as e traballadores/as de trinta  microempresas e pequenas empresas mostran que o risco psicosocial máis frecuente é o estrés no traballo debido aos prazos axustados. O informe analiza estas conclusións no contexto da pandemia de COVID-19.

A maioría das organizacións non realizaron avaliacións de risco dos riscos psicosociais. As empresas decantáronse por adoptar un enfoque práctico na xestión dos mesmos en lugar de por articular políticas. Considerouse que a forma máis efectiva de xestionar os riscos psicosociais era manter unha boa relación co persoal.

Para os empresarios/as, o benestar do persoal foi o principal motor da concienciación e a xestión dos riscos psicosociais. A maioría dos directivos consideraban que non estar ao tanto da situación dos empregados/as era o principal obstáculo para facer fronte aos riscos psicosociais.

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report DENMARK":

Aínda que as conclusións deste estudo están en gran medida en consonancia coas de  ESENER 2019 polo que aos riscos psicosociais en Dinamarca refírese, o estudo analiza ademais os efectos da pandemia de COVID-19 partindo das respostas dos directivos/as e os traballadores/as entrevistados.

Segundo os directivos/as e traballadores/a das pemes participantes, os principais factores impulsores de riscos psicosociais foron os prazos axustados, un volume excesivo de traballo e o estrés. As principais razóns para ocuparse da seguridade e a saúde no traballo tiñan que ver co cumprimento das expectativas e garantir o benestar do persoal. Aínda que o enfoque da cultura empresarial en Dinamarca ten puntos fortes evidentes, as entrevistas puxeron de manifesto algúns problemas á hora de tratar cuestións concretas. A eficacia das avaliacións de riscos no lugar de traballo pode reforzarse mellorando a aplicación e a xestión do seguimento dos plans de acción.

"Managing psychosocial risks in European micro and small enterprises: Qualitative evidence from the Third European Survey of Enterprises on New and Emerging Risks (ESENER 2019). Country Report CROATIA":

Este informe aborda as conclusións no contexto da pandemia de COVID-19. Realizáronse entrevistas a directivos/as e traballadores/as de 21 empresas.

No estudo identifícanse unha serie de desafíos, tal e como indicaron os empresarios/as, que poden afectar ás  microempresas en particular, nas que as medidas para previr os riscos psicosociais centráronse principalmente nunha maior comunicación cos empregados/as.

A maioría das organizacións non contaban cunha xestión sistemática da SST e moitas coincidían en que se agradecería un maior apoio, especialmente en forma de formación ofrecida por parte dos organismos públicos pertinentes. 

 

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS