Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Valencia. O sistema de detección de enfermidades laborais xa está implantado en todos os centros de saúde

12-03-2013 - SAÚDE LABORAL

A Consellaría de Sanidade conta cun Sistema de Información Sanitaria e Vixilancia Epidemiolóxica Laboral (SISVEL), unha ferramenta pioneira no estado español cuxo obxectivo é facilitar a detección e declaración de enfermidades profesionais en todos os centros de saúde, segundo informou a Generalitat nun comunicado.

No estado español este coñecemento estivo tradicionalmente condicionado pola baixa notificación das enfermidades profesionais, o que implica que gran parte destas fosen atendidas como enfermidades comúns.

Así, para corrixir esta dificultade, en 2010 Sanidade puxo en marcha dentro das súas actuacións de Saúde Laboral o SISVEL, unha iniciativa pioneira que permite, tanto aos médicos de atención primaria e especializada dende a aplicación Abucasis, coma aos servizos de prevención de riscos laborais dende un portal de 'Internet' habilitado para o efecto, comunicar posibles enfermidades laborais.

Este sistema permite melloras no coñecemento e na actuación preventiva e reparadora sobre as devanditas enfermidades, e que os médicos poidan cumprir máis doadamente a súa obriga legal coa axuda deste sistema, que os orienta á hora de determinar a orixe laboral da patoloxía.

Ademais, permite vixiar enfermidades concretas, polo seu interese para a saúde pública, ou por estar incluída no RD 1299/2006 que establece os criterios de rexistro de enfermidades profesionais consideradas pola seguridade social, realizando un estudo epidemiolóxico adicional.

A implantación progresiva deste sistema, actualmente presente no cen por cento dos centros de atención primaria e o 70 por cento dos centros de especializada, permitiu rexistrar en 2012 máis de 1.300 casos de sospeita de enfermidade profesional.

Máis do 90 por cento das comunicacións de sospeita proceden dos facultativos da Agència Valenciana de Salut, e en 970 casos solicitouse o estudo da Unidade de Saúde Laboral correspondente. Así mesmo, máis do 80 por cento dos casos comunicados corresponden a enfermidades osteomusculares, na súa maioría síndromes do túnel carpiano.

 

Prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS