Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Traballar de xeito seguro con produtos químicos perigosos nunha empresa farmacéutica

19-11-2018 - AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE A SAÚDE NO TRABALLO

Este estudo de caso detalla o enfoque participativo adoptado por unha compañía farmacéutica en Croacia para xestionar os riscos asociados co traballo con substancias perigosas.

A estratexia de seguridade e saúde da compañía, que vai máis aló da lexislación nacional e da UE, implica unha avaliación de riscos mellorada, eliminando o uso de produtos químicos perigosos sempre que sexa posible e medidas técnicas para reducir a exposición. Faise especial fincapé nas traballadoras embarazadas ou en período de lactación, xa que a maioría dos empregados son mulleres.

A capacitación e a  concientización, e a participación de todo o persoal en cada etapa do desenvolvemento e implementación de novas medidas de seguridade química, son factores crave para o éxito desta estratexia de redución de riscos.

Ligazón ao estudo (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS