Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Traballando xuntos durante a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo 2013

06-11-2013 - EU-OSHA

A Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo é o maior evento de sensibilización deste tipo, dedicado a mellorar a seguridade e a saúde dos postos de traballo en Europa.

A Semana tivo lugar entre os días 21 e 25 de outubro e está coordinada pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) e apoiada polos seus socios dos 28 Estados membros da UE e outros países.

A Semana Europea céntrase na difusión das mensaxes centrais da campaña actual sobre Lugares de traballo saudables "Traballando xuntos para a prevención de riscos". Facilita un foco esencial para as actividades da campaña e considera numerosos actos en toda Europa, destacando os beneficios de combinar un bo liderado coa participación dos traballadores.

A Dr.a Christa Sedlatschek, Directora de EU-OSHA, sinala que 'os resultados máis efectivos na xestión e mellora da seguridade e a saúde dunha organización se conseguen cando os traballadores e os seus representantes están activamente implicados coa dirección, o liderado só non abonda. As empresas con elevada participación dos traballadores e un alto compromiso da dirección teñen unha probabilidade dez veces superior de contar cunha política de seguridade e saúde no traballo (SST) documentada. Os beneficios deste enfoque son enormes e inclúen menores custos de explotación e unha maior produtividade, menos accidentes e mellor prevención e control de riscos no traballo.

As actividades durante a Semana Europea céntranse no propósito de estimular aos directivos a participar activamente na redución de riscos, e tamén a animar aos traballadores, aos seus representantes e outras persoas interesadas a colaborar cos directivos para reducir os riscos. Os Centros de referencia e os socios da campaña de EU-OSHA contribúen a coordinar a Semana e a organizar os actos en toda Europa.

Unha páxina web propia da campaña facilita numerosas ferramentas prácticas que poden axudar ás organizacións a mellorar a xestión da SST e a participación dos traballadores no lugar de traballo.

Por exemplo, diversas solucións preventivas para os sectores da construción, asistencia sanitaria, hostalaría, restauración e catering inclúen listas de comprobación que poden utilizar os directivos e traballadores destas industrias.

Así mesmo, os empresarios e traballadores poden encontrar motivación para levar a cabo estas accións a partir dos casos de estudo de EU-OSHA, que facilitan excelentes exemplos de xestión efectiva da seguridade e saúde. Os estudos de caso están tomados dunha serie diversa de industrias e sectores, e están recompilados nunha base de datos en liña, cunha doada utilidade de busca.

O kit de ferramentas de campaña de SST facilita ideas e exemplos sobre o xeito de difundir máis efectivamente as mensaxes.

Enlaces:

 

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS