Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Traballa mirando polos teus ollos

09-12-2019 - INSST

O INSST pon a disposición o tríptico “Traballa mirando polos teus ollos” co obxectivo de ofrecer orientacións prácticas que faciliten a selección e uso das lentes de sol á poboación traballadora que realiza a maior parte da súa xornada laboral ao aire libre.

A exposición prolongada do ollo humano á radiación solar causa respostas patolóxicas como poden ser fotoqueratite,  fotoconxuntivite, cataratas ou  fotorretinite, ademais de diminuír a comodidade e percepción visual.

Se os riscos laborais derivados da exposición á radiación solar non poden evitarse por outros medios (medidas técnicas ou organizativas) os traballadores/as deben utilizar lentes de protección fronte á radiación solar.

A análise concreta dos resultados nacionais da 6ª Enquisa Europea de Condicións de Vida e de Traballo (EWCS) promovida pola Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo (Eurofound), pon de manifesto que unha parte importante da poboación traballadora (11,3%) realiza a maior parte da súa xornada laboral ao aire libre. Dentro deste colectivo atópanse múltiples postos de traballo, entre eles agricultores, traballadores/as do mar e da construción, xardineiros ou socorristas.

Ligazón ao tríptico "Traballa mirando polos teus ollos"

Fonte: INSST

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS