Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Todo sobre o sistema preventivo en Alemaña

25-02-2014 - XESTIÓN PREVENTIVA

Con este documento a OMS inicia o que parece será unha colección dedicada a describir os sistemas preventivos nacionais de distintos países.

O primeiro número está dedicado a Alemaña, que non só é o primeiro país que puxo en marcha o seguro de accidentes de traballo (en 1884) senón que se dotou dunha peculiar organización (o sistema dual) na que os inspectores de traballo están adscritos non só á Administración Pública senón tamén ás
institucións xestoras do seguro (Berufsgenossenschaften, ás que, dado o intraducible do vocábulo, adoitan chamarse "mutuas alemás") o que confire a estas non só a capacidade de sancionar senón a de publicar normas de carácter obrigatorio para as empresas.

Unha ampla descrición do sistema e multitude de datos (por exemplo, no ano 2009 había uns 6.000 inspectores de traballo) está dispoñible neste informe (2012, 108 páxinas) que pode descargarse fpremendo no enlace.

“Country Profile of Occupational Health System in Germany”

 

erga@online

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS