Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Tecnoloxías innovadoras: explorando o impacto nos procesos de producción e no traballo

31-05-2018 - Eurofound

O traballo resume os resultados de cinco casos prácticos sobre o impacto potencial de tecnoloxías innovadoras no sector manufacturero en Europa ata o 2025. As tecnoloxías examinadas son a robótica industrial avanzada, a internet industrial das cousas, a fabricación aditiva, os vehículos eléctricos e a biotecnoloxía industrial.

A adopción destas novas posibilidades tecnolóxicas non só terá consecuencias para o proceso de produción, senón tamén para as condicións de traballo dos traballadores/as  no proceso así como para as demandas de emprego a nivel empresarial.

O informe destaca o incremento da dixitalización, a maior demanda de traballadores/as altamente cualificados, a expansión do valor engadido a ambos os dous extremos do ciclo do produto, a maior importancia da seguridade dos datos, a posible volta dalgunha produción cara a Europa e a necesidade de desenvolver e observar estándares e protocolos na industria.

Ligazón ao traballo "Tecnoloxías innovadoras: explorando el impacto nos procesos de producción e no traballo"

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS