Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo 2020

20-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo persegue sensibilizar sobre a campaña 2020-22 lanzada recentemente Traballos saudables: relaxemos as cargas, centrada na prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo.

Cada ano a Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo promove, en toda Europa, a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, co obxectivo de fomentar lugares de traballo seguros e saudables e contribuír á difusión da Campaña Europea en curso.

A Semana Europea 2020 enmárcase na Campaña 2020-2022 “Traballos saudables: Relaxemos as cargas” que ten por obxecto sensibilizar respecto dos TME relacionados co traballo e a necesidade de xestionalos e promover unha cultura de prevención de riscos.

A xestión dos TME relacionados co traballo

Os trastornos musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo son prexudiciais para a calidade de vida das persoas e constitúen unha das principais causas de baixa por enfermidade e xubilación anticipada, o que ten un impacto negativo nas empresas e as economías. A pesar dos importantes esforzos realizados para previlos, os TME relacionados co traballo seguen sendo o problema de saúde de orixe laboral máis común en Europa.

Co enfoque adecuado, os TME relacionados co traballo poden previrse. Abordar os TME non só protexe aos traballadores individuais, senón que tamén mellora a competitividade das empresas, ao reducir as baixas por enfermidade e aumentar a produtividade, e tamén reduce o gasto dos sistemas nacionais de saúde.

A campaña ten os seguintes obxectivos:

En razón da pandemia da COVID-19, moitos dos eventos e conferencias organizados no marco da Semana Europea celébranse en liña. Os eventos fomentan a participación e implicación directas en actividades relacionadas coa prevención dos TME, un dos principais motivos de preocupación para os traballadores/as e as empresas de toda Europa.

A conferencia en liña sobre os TME na UE organizada pola EU-OSHA celébrase o 22 de outubro e ten como finalidade presentar as conclusións e resultados dun proxecto de investigación sobre a prevalencia, a prevención e as políticas sobre os TME desenvolta pola EU-OSHA e por expertos externos. O seminario examina tamén ámbitos tales como ‘TME crónicos’, ‘Riscos psicosociais e TME’, ‘Prevención dos TME nos Sectores da Agricultura e a Atención Sanitaria’, e ‘TME e xénero.’

Ligazón a todos os eventos da Semana Europea en Europa

Conferencia sobre os TME da UE - Prevalencia, prevención e política

Ligazón á revista "Seguridade e Saúde no Traballo. Traballo saudables: Relaxemos as cargas"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS