Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Seguridade nos traballos en gabias

03-10-2023 - OSALAN

Coa presente publicación preténdese, tras unha fonda análise, expoñer as medidas de seguridade e saúde laboral máis axeitadas na execución de gabias (ben mediante noiro natural ben mediante entibación) que faciliten e sirvan de apoio técnico a quen deba executar estes traballos. Así mesmo indicar que se inclúe nesta publicación información gráfica que recolle situacións reais na realización de gabias.

O traballo en gabias segue dando lugar a accidentes graves e mortais. Por iso non está de máis lembrar os principios fundamentais de seguridade neste tipo de traballo, rescatando esta publicación de OSALAN que, aínda que editada en 2012, segue sendo plenamente vixente.

A publicación ten como principais destinatarios aos proxectistas, as empresas construtoras e os seus mandos, por ser os responsables da planificación dos traballos e dos medios para empregar, os técnicos/as de prevención, as direccións facultativas, os servizos de prevención, os delegados/as de prevención, os coordinadores de seguridade e por suposto os traballadores/as.

Ligazón á guía Seguridade nos traballos en gabias

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS