Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Riscos Psicosociais e xestión do estrés

24-01-2014 - EU-OSHA

O próximo 10 de abril dará comezo a nova campaña da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, EU-OSHAS, baixo o lema "Manage stress" (Xestión do estrés), cuxo obxectivo é dar soporte e guiar a traballadores e empregadores no día a día do traballo e como o estrés pode afectarlles de xeito directo. Con esta nova campaña preténdese ofrecer a traballadores e profesionais ferramentas prácticas para a redución do estrés no posto de traballo.

Baixo o epígrafe Xestión do estrés e riscos psicosociais no traballo, a Axencia Europea posiciónase de xeito claro na súa nova campaña para 2014 e 2015. Pois segundo informaron a xestión eficaz da saúde e a seguridade no lugar de traballo é unha prioridade para os traballadores; por varias razóns, tanto para as empresas coma para a sociedade no seu conxunto.

O estrés e os riscos psicosociais están cada vez máis de moda, debido á cantidade de persoas afectadas. Así, tal e como recorda EU-OSHAS é especialmente importante recordalo en tempos de incerteza económica e crise, cando é esencial que as empresas a manter a produtividade. Tamén cabe recordalo co traballo baixo presión para cumprir prazos cando os erros son máis susceptibles de acontecer.

En épocas como a actual, é tentador deixar a un lado a Prevención de Riscos Laborais e desestimar en Seguridade e Saúde Laboral. Tentacións que se aprecian como "cargas administrativas", ou simple cumprimento das obrigas legais, que as podería converter en contraproducentes. Dende a Axencia Europea Seguridade e a Saúde no Traballo recórdannos e insisten que "é máis importante que nunca ter en conta e xestionar os riscos na lugar de traballo".

Un dos resultados máis importantes de mal ambiente no traballo é o estrés cando as esixencias do traballo exceden ás capacidades do traballador para facer fronte a eles. Uns problemas que poden dexenerar en problemas de saúde física e mental de máis gravidade.

O traballo excesivamente esixente ou a falta de tempo suficiente para completar as tarefas, as demandas en conflito e a falta de claridade sobre o papel dos traballadores, o desaxuste entre as demandas do traballo e a competencia do traballador, entre outras poden ser unha fonte de tensión. A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo detalla algúns destes conflitos, así como ferramentas para atallalos.

Un traballo orientado a sensibilizar, así como reducir e atallar os riscos psicosociais no posto de traballo. Unha resposta eficaz contra os riscos psicosociais crea un ambiente de traballo saudable no que os traballadores se sentirán valorados e a cultura do lugar de traballo será máis positiva. Como consecuencia diso melloran tanto o rendemento dos traballadores como a posibilidade de facer negocios.

A Axencia Europea pon a disposición dos prevencionistas unha guía principal, á que podes acceder na nosa zona de descargables gratuítos, cuxo obxectivo fundamental é axudar aos empresarios, xerentes, traballadores para recoñecer e manexar a tensión e os riscos psicosociais no lugar de traballo.

Máis información: 

Acceso ao tríptico.

Acceso á guía

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS