Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Rexistros Autonómicos de Plans de Autoprotección no Estado español

10-06-2013 - SEGURIDADE

Coa publicación do Real Decreto 393/2007 de Plans de Autoprotección esixíase ás actividades afectadas a inscrición dos seus plans de autoprotección nos rexistros xestionados polas comunidades autónomas.

A data actual, 2013, non todas as comunidades autónomas teñen creados os seus propios rexistros para que as empresas poidan remitir os seus plans.

O Real Decreto 393/2007, que aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, esixe ás organizacións afectadas remitir ao REXISTRO AUTONÓMICO de PLANS DE AUTOPROTECCIÓN os datos relevantes do establecemento ou centro dedicado a actividades que poidan dar orixe a algunha das situacións de emerxencia enumeradas no Anexo I do RD 393/2007, incluídos no Anexo IV desta norma básica (e nas normativas autonómicas que o desenvolvan), e comunicar as modificacións posteriores destes datos.

Entre as dificultades que se encontran as empresas para cumprir coa normativa está a ausencia de rexistros autonómicos onde remitir os seus Plans de Autoprotección.

Os plans de autoprotección son esixidos como un requirimento legal básico a cumprir tanto para certificacións ISO 14001, EMAS como OHSAS 18001.

Aínda Que tradicionalmente pode asociarse máis ben a prevención de riscos laborais, a seguridade industrial é imprescindible, non só para protexer aos traballadores de posibles situacións de emerxencia, senón que esas situacións poderían causar danos irremediables no medio, de aí a súa índole ambiental a considerar nos sistemas de xestión.

As comunidades autónomas que xa regularon e dispoñen destes rexistros (para empresas) son: Canarias, Cantabria, Cataluña, Ceuta, C. Valenciana, Extremadura, Galiza e País Vasco.

Rexistros Autonómicos de Plans de Autoprotección no Estado español

 

Prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS