Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Resolución do Parlamento Europeo sobre o Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020

25-01-2016 - PARLAMENTO EUROPEO

Na Resolución sobre o Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020, aprobada o 25 de novembro, o Parlamento Europeo adica 23 referencias ás enfermidades causadas polo traballo e os riscos emerxentes e destaca a relativamente escasa atención que se presta aos accidentes.

Na devandita Resolución o Parlamento, entre outras:

 “… pide á Comisión e aos Estados membros que establezan obxectivos indicativos de redución das enfermidades profesionais e os accidentes de traballo, unha vez efectuada a revisión prevista en 2016 do marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo, e que ao revisar devandito marco teñan en conta os últimos resultados das investigacións sometidos a unha revisión por pares".

"Pide aos Estados membros e á Comisión que garantan que as estratexias nacionais en materia de saúde e seguridade no traballo reflictan o marco estratéxico de saúde e seguridade no traballo da UE e sexan totalmente transparentes e abertas ás aportacións dos interlocutores sociais …”

"Pon de relevo a importancia que reviste a protección dos traballadores contra a exposición aos carcinóxenos, os mutáxenos e as sustancias tóxicas para a reprodución; subliña, neste contexto, que as mulleres están expostas a miúdo a un cóctel de sustancias que pode aumentar os riscos para a súa saúde e mesmo para a viabilidade da súa progenie; reitera con firmeza a súa petición á Comisión para que presente unha proposta de revisión da Directiva 2004/37/CE baseada en probas científicas que, no seu caso, engadan valores límite con maior carácter vinculante en materia de exposición profesional, e para que desenvolva, en cooperación co Comité Consultivo para a Seguridade e a Saúde no Traballo, un sistema de avaliación que se base nuns criterios claros e explícitos;…"

"Pide á Comisión que tome medidas en relación cun dos problemas de saúde relacionados co traballo máis frecuentes en Europa e que presente sen demora unha proposta de instrumento legal global sobre os trastornos musculoesqueléticos". E "Chama a atención da Comisión sobre a importancia de mellorar a prevención das exposicións profesionais aos perturbadores endocrinos que teñen múltiples efectos prexudiciais para a saúde das traballadoras e os traballadores, así como no seu progenie".

“Insta aos Estado membros a que tomen as medidas necesrias para garantir que os empresios informen dos accidentes laborais”.

Remata a Resolución co apartado adicado a “Esforzos internacionais” no que “Pide ao Consello e á Comisión que velen por que todos os acordos comerciais con países terceiros melloren as condicións de traballo para protexer a saúde e a seguridade dos traballadores;”, ” Fai fincapé en que a UE ten interese nas normas laborais, entre elas os niveis de saúde e seguridade no traballo en todo o mundo, e ten a obrigación de melloralas;”, “Insta á Comisión a que reforce a cooperación en materia de saúde e seguridade no traballo coas organizacións internacionais, entre elas a OIT, a OCDE, o G20 e a OMS;” e por último “Lamenta que non todos os Estados membros ratificasen o Convenio nº 187 da OIT sobre o Marco promocional para a seguridade e saúde no traballo; pide a todos os Estados membros que ratifiquen o Convenio;”

Ligazón ao texto completo da Resolución do Parlamento Europeo, de 25 de novembro de 2015, sobre o marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no trabajo 2014-2020 (2015/2107(INI)).

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS