Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Resgárdate dos riscos psocosociais na COVID-19 en centros especiais de emprego

01-07-2021 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición o tríptico "Resgárdate dos riscos psocosociais na COVID-19 en centros especiais de emprego". A campaña busca levar divulgar os coidados e unha maior protección do benestar emocional nas persoas traballadoras con discapacidade. A chegada da COVID-19 cambiou a forma de facer as tarefas, de organizarnos no traballo e como nos relacionamos coas demais persoas. Isto, xunto coa incerteza que provoca esta situación, pode afectar a nosa saúde e tamén xerar tristeza, preocupación ou medo.

É importante saber cales son as situacións dentro do traballo que poden ter consecuencias negativas e que a empresa teña un plan coas actividades que hai que facer para evitar eses riscos laborais.

Nos documentos da campaña, orientada a persoal traballador e xerentes dos centros especiais de emprego e persoas técnicas de prevención de riscos sociais indícanse, por exemplo, factores derivados da situación de pandemia no eido da empresa como poden ser a incerteza, a carga laboral ou o tempo dedicado a esta, con medidas preventivas coas que se queren paliar estas consecuencias como unha información fluída sobre os procedementos de realización de tarefas e a súa planificación ou o fomento do traballo non presencial cando sexa posible, respectando sempre o tempo de descanso. É aconsellable tamén, crear espazos comúns de relación social nas empresas, facilitando momentos e lugares para ese propósito e contribuíndo deste xeito a fomentar espazos de benestar emocional na contorna laboral.

Ligazón ao tríptico "Resgárdate dos riscos psocosociais na COVID-19 en centros especiais de emprego".

Ligazón ao Cartel da campaña.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS