Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Renovación da plataforma web Prevencion 10

20-06-2017 - INSHT

Esta plataforma xestionada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no traballo dende o ano 2010, ofrece asesoramento en materia de prevención de riesgos laborales, permitindo xestionar a actividade preventiva das empresas de ata 25 traballadores nas que o empresario poida asumir a prevención na súa empresa. Na actualidade o portal dispón de 85 cuestionarios de avaliación para diferentes actividades económicas e 42 cuestionarios destinados a traballadores por conta propia.

Entre as novidades do portal web están:
- O acceso óptimo para teléfonos móbiles e tabletas.
- Mellora a navegabilidad da plataforma.
- Elimina o rexistro para a opción de usuario invitado, co fin de facilitar a usabilidade do servizo e axilizar o acceso aos contidos.
- Simplifica o rexistro dos usuarios, aos que só se lles requirirá unha conta de correo electrónico.
- Mellora o procedemento de avaliación, o que supón unha redución do tempo necesario para cumprimentar os cuestionarios.
- Renova a maquetación dos documentos descargables (plan de prevención de riscos laborais e documento de coordinación de actividades empresariais), incluíndo nun único documento toda a información necesaria para a Xestión da Prevencion na empresa.

Ligazón ao portal web Prevención 10

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS