Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Reino unido: multas astronómicas por incumprimentos de seguridade

13-03-2014 - XESTIÓN PREVENTIVA

O mes pasado, o Tribunal de Apelación rexeitou os recursos presentados por Sellafield e Network Rail contra multas de 700.000 e 500.000 libras, respectivamente. Aínda que as directrices xudiciais recentes sobre os criterios a aplicar facían prever un incremento das sancións, cantidades como as citadas pareceron a algúns observadores claramente esaxeradas.

En ningún dos dous casos se produciran consecuencias mortais. Network Rail (o ADIF británico) foi condenada por un accidente nun paso a nivel no que resultou gravemente ferido un rapaz de dez anos.

O caso de Sellafield, a sanción impúxoselle polos erros de xestión que fixeron posible que varios colectores nos que se transportaba material radiactivo fosen parar a un vertedoiro inapropiado para este tipo de residuos.

Se no primeiro caso os incumprimentos de seguridade eran obvios e o dano producido importante, no segundo non se produciu dano real ningún, aínda que existiu certa probabilidade de que se producise.

Unha semana máis tarde o tribunal denegou tamén o recurso presentado por Southern Water, que fora condenada a pagar 200.000 libras por unha descarga ilegal de efluentes.

É de destacar que as tres empresas tamén tiñan un historial de incumprimentos similares.

A noticia non sorprendeu os expertos. É a consecuencia esperable, opinan, dos cambios lexislativos que aumentaron a capacidade sancionadora dos xuíces e as penas de cárcere, dende o 2 ao 7% dos casos axuizados.

Parece claro que o custo de ignorar a lexislación de seguridade será moito, moito maior que o custo dun cumprimento efectivo. Á vista do que está a acontecer, opinan os expertos, ninguén poderá dicir que non estaba advertido.

 

Fonte: SHP online

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS