Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Regulamento Europeo sobre Equipas de Protección Individual (EPIs): derroga a directiva 89/686/CEE e supón unha mellora nesta materia.

16-08-2016 - SAÚDE LABORAL

O Regulamento substitúe unha directiva, que debe ser transpuesta polos Estados membros ao seu ordenamento xurídico interno nun proceso no que con certa frecuencia pódense producir actuacións discrepantes entre uns e outros Estados, por un regulamento, que os Estados membros deben acatar na súa literalidade, sen posibilidade alguna de desviacións ou interpretacións.

O pasado 31 de marzo o Diario Oficial da UE (DUE) publicou o REGULAMENTO (UE) 2016/425 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 9 de marzo de 2016 relativo as equipas de protección individual e polo que se derroga a Directiva 89/686/CEE do Consello.

O Regulamento substitúe unha directiva, que debe ser transpuesta polos Estados membros ao seu ordenamento xurídico interno nun proceso no que con certa frecuencia pódense producir actuacións discrepantes entre uns e outros Estados, por un regulamento, que os Estados membros deben acatar na súa literalidade, sen posibilidade alguna de desviacións ou interpretacións.

Non sendo as modificacións introducidas demasiado extraordinarias, o certo e  que si supoñen unha maior especificación dalgúns requisitos que redundarán en definitiva na mellora das condicións de seguridade dos usuarios dos EPI. De forma moi esquemática, o Regulamento modifica principalmente os seguintes aspectos:

Por último, o Regulamento establece uns tempos de transición e adaptación á nova lexislación. Así, tras a súa publicación no DOUE, o regulamento comezará a aplicarse dous anos e vinte e un días despois, salvo os requisitos relativos aos organismos notificados entre os que se inclúe a solicitude de notificación, estes requisitos aplicaranse 6 meses e vinte e un días desde a publicación do Regulamento no DOUE. Durante o período de dous anos dende a publicación no DOUE, só poderán comercializarse EPI segundo a Directiva 89/686/CEE.

Despois destes dous anos, haberá un ano no que poderán poñerse no mercado EPI certificados segundo a Directiva 89/686/CEE e segundo o Regulamento. Despois deste período, só se emitirán certificados segundo o novo Regulamento.

Acceso ao Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo aos equipos de protección individual e polo que se derroga a Directiva 89/686/CEE do Consello. (DOUE)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS