Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Redución das baixas por continxencia común.

06-09-2016 - Mutuas

Segundo Resolución de 29 de xuño de 2016, da Direción Xeral de Ordenación da Seguridade Social, que desenvolve a Orde ESS/70/2016, o Goberno pagará ás mutuas por forzar a redución das baixas pr continxencia común. O pago consistirá en incrementar o coeficiente que cobran as mutuas sobre a cota íntegra da aportación por continxencias comúns de empresas e traballadores/as.

Segundo aparece na Resolución citada, "O artigo 24.1 da Orde ESS/70/2016, do 29 de xaneiro («BOE» número 26, do 30 de xaneiro), pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cesamento de actividade, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional para o ano 2016, en canto ao financiamento das funcións e actividades atribuídas ás Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social para a xestión da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns dos traballadores por conta allea ao servizo das súas empresas asociadas, establece o coeficiente xeral a aplicar no 0,051 da cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns e, no caso dos traballadores por conta allea comprendidos no Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios do Réxime Xeral da Seguridade Social, ese coeficiente fíxao no 0,030 da respectiva cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns. Igualmente, no mesmo apartado do artigo 24 disponse que aqueles coeficientes poderán elevarse en cada un dos casos sinalados ata o 0,055 e 0,033, respectivamente, para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira do coeficiente xeral en base a circunstancias estruturais; todo iso nos termos que determine a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, mediante resolución ditada para o efecto, que deberá ser publicada no Boletín Oficial do Estado".

"A presente Resolución define o requisito de insuficiencia financeira do coeficiente xeral mediante a estimación do resultado negativo ou déficit ao peche do exercicio 2016 no ámbito da xestión da prestación económica de incapacidade temporal por continxencias comúns despois de aplicada na súa integridade a reserva de estabilización específica desta xestión. Doutra banda, respecto do requisito adicional de que tal déficit sexa consecuencia de circunstancias estruturais, considérase existente cando a duración media dos procesos de incapacidade temporal derivados de continxencias comúns dos traballadores por conta allea protexidos pola mutua no ano 2015 sexa superior a 33 días, ou ben cando o índice de incidencia media mensual durante o mesmo período, dos mesmos procesos, superase no ano 2015 o 24 por mil, sempre que se xustifique pola mutua interesada o desenvolvemento pola súa banda de actuacións de control e seguimento dos referidos procesos de baixa médica por incapacidade temporal".

Tomando en consideración os datos de incapacidad temporal (IT) de 2015 publicados polo MEYSS  resulta probable que todas as mutuas do Estado español se atopen en situación de insuficiencia financiera estructural, pois a duración media das IT xestionadas polas mutuas é de 34,7 días, o que fai innecesaria a aplicación do segundo criterio, relativo ao índice de incidencia.

"Entenderase que a mutua adoptou en 2016 medidas tendentes á mellora da xestión da prestación cando concorran as dúas situacións seguintes:
a) Que se realizaron actuacións de control e seguimento dos procesos de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns dos traballadores por conta allea, polo menos, respecto dun 60 % dos procesos de duración superior a 15 días.
b) Que se formularon polas mutua propostas fundadas de alta, polo menos, respecto dun 20 % dos procesos de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns dos traballadores por conta allea de duración superior a 15 días."

Así, as mutuas deben tramitar unha proposta de alta por cada cinco traballadores en situación de IT por continxencia común.

Ligazón á Resolución de 29 de xuño de 2016, da Direción Xeral de Ordenación da Seguridade Social, que desenvolve a Orde ESS/70/2016

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS