Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Rebaixas do 50% en cotización de embarazadas en risco e en casos de enfermidade profesional

07-10-2013 - SAÚDE LABORAL

Os empresarios terán unha rebaixa do cincuenta por cento na cotización á Seguridade Social das traballadoras que, por risco durante o embarazo ou durante a lactación natural, necesiten un cambio de posto de traballo.

O 50% da cotización que deixará de pagar o empresario correrá a cargo da Seguridade Social, segundo unha disposición adicional do proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2014.

Esta medida tamén se aplicará nos supostos de enfermidade profesional.

Segundo a citada disposición, cando a traballadora, segundo o previsto na Lei de Prevención de Riscos Laborais, sexa destinada a un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado, aplicarase, durante o período de permanencia no novo posto, unha redución, "soportada polo presuposto de ingresos da Seguridade Social", do 50% da achega empresarial na cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.

Esa mesma redución será aplicable naqueles casos en que, por razón de enfermidade profesional, se produza un cambio de posto de traballo na mesma empresa ou o desempeño, noutra distinta, dun posto de traballo compatible co estado do traballador.

 

Prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS