Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Publicada a versión 2019 da norma UNE 689

06-05-2019 - HIXIENE

A publicación “UNE-EN 689 Exposición no lugar de traballo. Medición da exposición por inhalación de axentes químicos. Estratexia para verificar a conformidade cos valores límite de exposición profesional” é a versión oficial en español da Norma Europea EN 689: 2018 e anula e substitúe á norma UNE-EN 689 publicada no ano 1996.

A nova norma está orientada a verificar, cunha fiabilidade  predeterminada, se se respecta o valor límite aplicable. Nesta versión, a fiabilidade  predeterminada forma parte da propia norma, en lugar de constituír unha opción relegada aos anexos, como ocorría na versión anterior.

Outra novidade importante con respecto á anterior versión é o tratamento dado aos “non detectados“,  aos que na versión anterior atribuíaselles a metade do valor límite e agora son obxecto dunha aproximación moito máis rigorosa e máis complexa de aplicar.

En conxunto trátase dunha norma con máis rigorosidade científica que esixirá máis formación para a súa aplicación e un maior número de tomas de mostras para poder chegar a unha conclusión.

Esta norma foi elaborada polo Comité técnico CTN 81 Seguridade e Saúde no Traballo, cuxa secretaría desempeña o  INSST. Esta publicación obrigará a modificar a Guía Técnica do  INSHT sobre o Real Decreto de Axentes químicos (RD 374/2001) no apartado referente a este aspecto, que se baseaba na versión anterior da norma.

Ligazón ao Extracto do documento UNE-EN 689

 

Fontes:  AENOR,  prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS