Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Publicada a Lei de supresión do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Murcia (ISSL)

17-07-2013 - ISSL

O pasado mércores 10 de xullo de 2013 foi publicada no BORM a Lei 6/2013, de 8 de xullo, de medidas en materia tributaria do sector público, de política social e outras medidas administrativas, polas que se regulan determinadas cuestións relativas ao proceso de reordenación do sector público autonómico, en concreto a extinción de varios entes públicos, completando a regulación do réxime transitorio derivado da súa extinción nas correspondentes disposicións transitorias. Suprímese, entre outros, o Organismo autónomo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral da Rexión de Murcia (ISSL), sendo as súas funcións asumidas pola Consellería competente en materia de seguridade e saúde laboral.

O persoal adscrito ao devandito organismo autónomo pasará a depender da consellería competente en materia de seguridade e saúde laboral.

Os bens adscritos a este organismo incorporaranse ao patrimonio da Comunidade Autónoma.

A supresión do Instituto da Seguridade e Saúde Laboral vén regulada no Artigo 4, do Título II da citada Lei.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS