Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Protección das traballadoras e traballadores ante a calor

07-07-2022 - ISSGA

O estrés térmico é a causa dos diversos efectos patolóxicos que se producen cando se acumula excesiva calor (tensión por calor) ou se elimina excesiva calor (tensión por frío) no corpo humano. Entendemos por estrés térmico a presión que se exerce sobre a persoa ao estar exposta a temperaturas extremas e que a igualdade de valores de temperatura, humidade e velocidade do aire, presenta para cada persoa unha resposta distinta dependendo da susceptibilidade do individuo e a súa aclimatación.

Para avaliar os riscos da exposición á calor débese ter en conta tanto a carga neta de calor á que os traballadores/as están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan, como a resposta fisiolóxica do corpo humano para manter a temperatura interna no rango adecuado. 

Esta campaña do ISSGA sobre traballo e calor conta con material informativo dirixido a traballadores e traballadoras daquelas actividades nas que pode haber sobrecarga térmica de xeito permanente polo tipo de actividade ou na época estival pola influenza da temperatura exterior, incidindo especialmente nos principais factores de risco e nas medidas preventivas e actuacións básicas. 

O Triptico recolle os efectos da calor no noso corpo, como evitar os seus danos, os postos de traballo nos que pode hacer ese risco por calor, que debemos facer nos traballos ao aire libre no verán e como actuar ante un golpe de calor.

No Cartel se recolle como evitar danos nos traballos ao aire libre durante o verán e que facer ante un golpe de calor

Ligazón ao Tríptico

Ligazón ao Cartel

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS