Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Proposta da Comisión para ampliar a información das empresas sobre RSE

10-12-2013 - RSE

A pasada primavera, a Comisión Europea puxo en marcha o proceso para introducir novas regras sobre responsabilidade social empresarial (RSE) para ampliar as obrigas das empresas de facer pública información non financeira, como as súas políticas sobre diversidade e as políticas ambientais e explicar por que non progresaron nestas áreas, se ese fose o caso. Segundo a Comisión, menos do 10 % das maiores empresas da UE producen periodicamente informes de sustentabilidade.

A proposta requiriría que as sociedades cotizadas fixesen pública información sobre asuntos ambientais, asuntos sociais e relacionados cos empregados, o respecto dos dereitos humanos e as cuestións de loita contra a corrupción e o suborno. Tamén terían que revelar detalles acerca da diversidade na súa xunta directiva. Ao redor de 18.000 empresas veríanse afectados polas novas normas, en comparación coas 2.500 organizacións que agora dan a coñecer información ambiental e social.


Nunha reunión celebrada en Bruxelas o 22 de maio, os xefes de Estado e de Goberno manifestaron o seu acordo sobre a adopción desas  novas obrigacións de presentación de informes de RSE e comprometéronse a ampliar as obrigas de presentación de informes de maneira que, no caso das multinacionais, incluiríase información para cada un dos países nos que operen e non globalmente, como até agora.
O Parlamento Europeo estivo a considerar a proposta, pero é probable que non recomende a adopción das declaracións país por país.  Fontes do Parlamento manifestaron  que o apoio a informes país por país, ten poucos partidarios entre os Estados membros. "Só España e Francia están a apoialo, e algúns Estados membros - especialmente Alemaña - están cada vez máis en contra da introdución de calquera proposta, polo que o Parlamento non insistirá no tema por temor a que se destrúan as posibilidades de toda a proposta", dixo unha fonte relacionada co tema.

A oposición de Alemaña reflicte opinións da industria do país. Un portavoz da Federación da Industria Alemá (BDI), que representa a máis de 100.000 empresas, dixo que o grupo avoga pola retirada da proposta da Comisión que é "problemática, xa que imporía unha carga adicional e requisitos desproporcionados en numerosas empresas, especialmente as pequenas e medianas empresas".
A Comisión estima que a súa proposta podería custar ás empresas, en media, menos de 5.000 euros. BDI considera a estimación "demasiado baixa", dado que non se ten en conta o custo da recollida dos datos necesarios ou a auditoría externa da información adicional no informe de xestión, entre outros aspectos.
As estimacións efectudas por Business Europe, a organización paraugas da patronal europea, avalían os custos reais entre  155.000 € e  604.000 € por ano. "Estas cargas financeiras adicionais porían ás empresas europeas nunha seria desvantaxe en canto á súa competitividade internacional, e por tanto débese evitar aprobalas", dixo o portavoz da BDI.
A oposición empresarial á extensión dos informes non financeiros pode atoparse nadando contra a corrente. Cada vez hai máis apoio tanto na EE.UU. como en Europa para os chamados "informes integrados", o que significaría a aplicación das normas de responsabilidade social para cada parte por separado das contas da empresa, en lugar de redactar un único informe e incluílo en forma de anexo ás contas, como a proposta da Comisión suxire.

Fonte: Euractiv

Ligazóns: 

Nota de la Comisión de 16 de abril

Propuesta de directiva

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS