Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Primero Plan de aplicación da Estratexia española 2015-2020

09-11-2015 - INSHT

O INSHT ven de publicar na súa web o documento no que se detalla en qué consistirá o primeiro Plan de Aplicación da Estratexia, que abarca o período 2015-2016. O Plan, que ocupa unhas 15 páxinas do total do texto publicado, consta de 65 medidas. Para estas medidas están definidos responsables de execución, planificación e indicadores de proceso e resultado, co fin de avaliar o grao de avance das medidas e a efectividade das mesmas.

Entre as medidas nas que se pretende traballar neste período, figuran a Reforma do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a revisión dos contidos formativos do Anexo VI do Regulamento dos Servizos de Prevención, o deseño dun plan integral para a lo menos unha actividade prioritaria, orientado a diminuir o impacto da sinistralidade na mesma, o deseño e implantación dun plan de actuación para a redución dos transtornos musculoesqueléticos e outro dirixido a mellorar a seguridade e saúde de colectivos de traballadores específicos: mozos/as, temporais, mulleres e traballadores/as en idade avanzada.

Ligazón

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS