Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Prevención de TME relacionados co traballo: como poden axudar a cartografía corporal e de perigos

30-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A cartografía corporal é un método que se utiliza para detectar os posibles danos que o traballo pode ocasionar ao organismo, mentres que a cartografía de perigos sinala os riscos que presenta o lugar de traballo para a saúde.

Estas técnicas interactivas, para as que se utilizan ferramentas simples durante unha reunión ou un seminario, baséanse nos coñecementos e a experiencia das persoas traballadoras e fanlles sentirse parte da solución.

Ao identificar os factores de risco dos trastornos musculoesqueléticos (TME), este método pode axudar a previlos e resulta especialmente útil naqueles casos nos que hai dificultades de lectura ou barreiras lingüísticas.

Na nosa nova folla informativa inclúese unha guía detallada sobre como realizar sesións de cartografía corporal e de perigos.

Ligazón á folla informativa

Máis información en OSHwiki sobre a cartografía de perigos e os TME e a cartografía corporal e os TME

Ligazón a información sobre a prevención dos TME no sitio web “Traballos saudables: relaxemos as cargas”.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS