Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Prórroga da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020

02-03-2021 - ACTUACIÓN PREVENTIVA

O Consello de Ministros aproba a prórroga da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020. Esta Estratexia ten como principais obxectivos asegurar unha mellora continua das condicións laborais e desenvolver políticas preventivas eficaces.

Deseñada polo Goberno, as Comunidades Autónomas (coa participación do ISSGA) e os interlocutores sociais para responder á demanda dunha sociedade cada vez máis sensibilizada, e esixente, coa seguridade e saúde no traballo como parte fundamental do benestar social.

Esta Estratexia é o marco de referencia das políticas públicas en materia de seguridade e saúde no traballo e, por tanto, orienta as actuacións das institucións competentes e con responsabilidade en prevención de riscos laborais.

Configúrase como un instrumento de colaboración para garantir o dereito á seguridade e saúde no traballo. A mellora das condicións de traballo reduce o custo derivado dos accidentes laborais e as enfermidades profesionais e, por tanto, debe servir de catalizador para o incremento da produtividade das empresas, o crecemento económico, a xeración de emprego no noso país e para mellorar a calidade de vida dos traballadores/as.

Fonte: ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS