Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan para promover a saúde e a seguridade dos traballadores/as en Europa

11-01-2017 - Comisión Europea

Esta iniciativa, que está "baseada en esforzos anteriores", busca mellorar a vida das persoas previndo accidentes laborais e enfermidades profesionais a través de iniciativas que protexan mellor aos traballadores/as ante o cancro de orixe laboral, que axuden as empresas, sobre todo as pequenas e medianas, nos seus esforzos para cumplir o marco normativo vixente, e a poñer maior énfase nos resultados e menos no papeleo.

Dende a Comisión indican que "Desde 2008 reduciuse case nun cuarto o número de traballadores/as falecidos/as en accidente de traballo, mentres que a porcentaxe de traballadores/as da Unión Europea con, polo menos, un problema de saúde provocado ou agravado polo emprego diminuíu case nun 10 por cento", con todo, que "a tarefa segue sendo inxente" pois  "cada ano morren uns 160.000 europeos por enfermidades profesionais". Así estabelecese como "prioridade principal manter a saúde e seguridade de traballadores/as no lugar de traballo salvagardando e actualizando os altos estándares europeos".  Continuando con este cometido "emprenderanse accións crave como:
 
 - "Fixar límites de exposición ou outras medidas para outros sete carcinógenos químicos" 
 - "Axudar ás empresas, especialmente ás pemes e ás microempresas, nos seus esforzos por cumprir as normas de saúde e seguridade"  pois "unha de cada tres microempresas non avalía os riscos no traballo". Ante iso, a institución publicou "un documento orientativo para os empleadores con consellos prácticos para que a súa avaliación do risco resulte máis fácil e sexa máis efectiva" (ver documento, en inglés)
 -"Traballar cos Estados membros e os interlocutores sociais para eliminar ou actualizar as normas obsoletas nos próximos dous anos", co fin de "simplificar e reducir as cargas administrativas, á vez que se mantén a protección de traballadores/as"

Máis información

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS