Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan estratéxico 2019-2023

11-09-2018 - Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, ECHA

A Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA) é un organismo da Unión Europea (UE) establecido o 1 de xuño de 2007 polo Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello sobre "Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de Produtos Químicos" (REACH )".

Para 2023, a ECHA pretende converterse na principal fonte de coñecemento e asesoramento sobre produtos químicos, protexendo ás persoas e ao medio ambiente dos efectos nocivos das substancias químicas.

Estas accións impulsarán á industria para manexar e usar produtos químicos de maneira segura ao longo da cadea de subministración, mellorar a calidade do produto e volverse sustentable: protexer aos cidadáns da UE, aos traballadores/as e ao medio ambiente.

O traballo da ECHA basearase na base de datos de todos os principais produtos químicos utilizados na UE e rexistrarase na ECHA antes do 31 de maio de 2018, o último prazo de rexistro de REACH. Para alcanzar estes obxectivos, a ECHA basearase nos seus datos, coñecementos e competencias para poñer en práctica tres prioridades estratéxicas.

Xunto cos Estados membros da UE e a Comisión Europea, a ECHA garantirá un uso máis seguro dos produtos químicos en Europa difundindo estes datos, verificándoos e tomando medidas reguladoras cando sexa necesario. En primeiro lugar, a ECHA centrarase na súa Prioridade estratéxica número 1 - continuación dos procesos  REACH,  CLP (Clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas) e BPR (Regulación de produtos  biocidas), complementados polas prioridades 2 e 3, que serán, respectivamente, o uso seguro e sustentable das substancias químicas na industria e xestionar as substancias químicas de  manerea sustentable mediante a aplicación da lexislación da Unión Europea.

Achégase o borrador do proxecto, que foi sometido a información pública durante o mes de abril, un documento resumen do  mesmo e os comentarios recibidos.

 Ligazón ao Plan estratéxico

 Ligazón ao Plan estratéxico resumen

 Ligazón aos Comentarios recibidos

Fonte: ECHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS