Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Os TME no sector agrícola: da identificación dos riscos ata a adopción de medidas preventivas

23-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O traballo agrícola e en granxas supón moitas tarefas repetitivas. En particular a manipulación e o levantamento de cargas poden ocasionar tensións e posturas forzadas. O traballo en exteriores e as especificidades de cada terreo fan que o deseño da maquinaria agrícola sexa todo un reto. Neste documento de debate examínase o uso da mecanización para reducir o risco de sufrir trastornos musculoesqueléticos, en particular das extremidades superiores, no sector agrícola. Tamén inclúe normas para a avaliación de riscos.

O documento inclúe un estudo de caso sobre a agricultura na rexión italiana de Marche e describe a axuda dispoñible do INAIL, o Instituto Nacional Italiano de Seguros contra Accidentes de Traballo, para axudar ás microempresas e pequenas empresas agrícolas a previr os TME.

A agricultura é un dos sectores nos que se rexistran índices máis elevados de trastornos musculoesqueléticos (TME), xa que tradicionalmente implica o movemento de cargas pesadas, a realización de movementos repetitivos e o mantemento de posturas estáticas. Un novo documento de consulta examina o exemplo da rexión italiana das Marcas co fin de analizar de que modo a mecanización pode reducir os factores de risco de TME.

O documento –así como un segundo documento centrado na avaliación de riscos de trastornos musculoesqueléticos nas extremidades superiores na agricultura, que se publicará este mesmo ano– elaboráronse no marco dun acordo de investigación entre a EU-OSHA e INAIL, o Instituto Nacional Italiano de Seguros de Accidentes Laborais.

Ligazón ao documento de consulta sobre os trastornos musculoesqueléticos na agricultura: da detección dos riscos á adopción de medidas preventivas

Máis información sobre a investigación da EU- OSHA sobre os TME relacionados co traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS