Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Os Ministerios de Sanidade e Emprego traballan na inclusión de tres novas enfermidades profesionais

26-11-2015 - ENFERMIDADE PROFESIONAL

O Grupo de Traballo de Enfermidades Profesionais, formado por representantes do Ministerio de Sanidade, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e sindicatos e empresarios, traballa para incluír o cancro de laringe -producido por inhalación de po de amianto e cromo-, o cancro de pulmón por exposición a sílice cristalina e a neumopatía intersticial difusa, na lista de enfermidades profesionais.

Así o fixo saber o Goberno en resposta escrita a unha pregunta do deputado de Carles Campuzano, deputado de CiU, ao que indican ademais que o obxectivo do grupo de técnicos non é outro que “realizar un estudo de evidencia científica, das patoloxías anteriormente referenciadas, que fundamente a causalidade laboral das devanditas enfermidades, e a súa posible inclusión na lista de enfermidades profesionais”.

Non se ofrecen detalles sobre a duración dos traballos nin cando se chegará a unha conclusión. O Goberno precisa tamén que na actualidade o sistema de notificación Comunicación de Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, solicita información das patoloxías sufridas polos traballadores que están incluídas no cadro de enfermidades profesionais e “esta información preténdese ampliar incluíndo as enfermidades recoñecidas en aplicación do artigo 115 da Lei Xeral da Seguridade Social”.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS