Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Orientación sobre a identificación de disruptores endocrinos

19-06-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA

Veñen de acordarse criterios científicos para identificar alteradores endocrinos en virtude da lexislación da UE sobre praguicidas e biocidas. Os criterios para os biocidas aplícanse desde o 7 de xuño de 2018. Un grupo de redacción formado por persoal científico da ECHA e a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), co apoio do Centro Común de Investigación (CCI), desenvolveu a orientación científica para permitir a identificación de disruptores endocrinos. A guía aconsella aos solicitantes e asesores das autoridades reguladoras competentes sobre como identificar disruptores endocrinos.

A ECHA organiza un seminario web o 19 de xuño para explicar as implicacións prácticas dos criterios e as novas orientacións para as empresas e autoridades afectadas polas obrigas derivadas do Regulamento sobre produtos biocidas.

Máis información

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS