Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Obrigas das ETT en materia de vixilancia da saúde

13-06-2012 - VIXILANCIA DA SAÚDE

As obrigas nesta materia regúlanse no art. 28 da LPRL, na Lei 14/1994 e no RD 216/1999. O art. 28.1 da LPRL establece que os/as traballadores/as contratados polas empresas de traballo temporal deberán gozar do mesmo nivel de protección, en materia de seguridade e saúde, que os/as restantes traballadores/as da empresa na que prestan os seus servizos, sen que poida estar justificada, en ningún caso, unha diferenza de trato no que respecta ás condicións de traballo, no relativo a calquera dos aspectos da protección da seguridade e a saúde dos/as traballadores/as. No apartado 3 do mesmo precepto legal disponse que os/as traballadores/as terán dereito a unha vixilancia periódica do seu estado de saúde, nos termos establecidos no artigo 22 da Lei e nas súas disposicións de desenvolvemento.

Os/as traballadores/as de empresas de traballo temporal cedidos a empresas usuarias terán dereito á vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo, que, evidentemente, son os riscos inherentes ao traballo na empresa usuaria. Por iso, aínda que a vixilancia sexa voluntaria para o/a traballador/a deberá ofrecerse nas mesmas condicións que para os/as traballadores/as propios da empresa usuaria e, se é obrigatoria, por tratarse dalgún dos supostos de excepción á voluntariedade previstos na norma, a extensión das probas, frecuencia e demais características non deberán presentar diferenza co trato que se dispense aos/ás traballadores/as da empresa usuaria.

A obriga da empresa usuaria de solicitar información e de pospor o inicio da prestación ata a acreditación documental, pola ETT, sobre o feito de que o/a traballador/a foi declarado apto a través da vixilancia da saúde, tamén se somete ao previsto no artigo 22 LPRL. A empresa usuaria deberá informar á ETT sobre as medidas de vixilancia da saúde que deben adoptarse en relación co posto de traballo a desempeñar, especificándose, de conformidade coa normativa aplicable, tales medidas teñen carácter obrigatorio ou voluntario para o/a traballador/a  e a súa periodicidade. A partir de aí, a ETT debe cumprir as súas obrigas en materia de vixilancia da saúde, de acordo cos artigos 22 e 28 da LPRL, sendo esta  vixilancia da saúde obrigada nos casos referenciados no artigo 22 (ex. empresas con risco de enfermidade profesional do art. 196.2 do TRLGSS); nos restantes casos deberá ofrecer a vixilancia da saúde ao traballador/a, e, por último, deberá achegar o certificado de aptitude para o posto de traballo á empresa usuaria.

A modo de conclusión, sinalar que, a ETT é responsable da vixilancia da saúde do/a  traballador/a en misión conforme ao art. 28.5 LPRL, obriga que se corresponde co dereito do/a traballador/a a unha vixilancia periódica do seu estado de saúde,  sempre que preste o seu consentimento para iso (salvo nos casos previstos no art. 22 LPRL) e non se atente á súa dignidade e intimidade. O que procederá respecto de cada contrato de posta a disposición, consecuencia das obrigacións respectivas da ETT e da empresa usuaria, de acreditar e constatar, en cada caso a aptitude do traballador en relación cos servizos a prestar.

XESTIÓN DA VILXILANCIA DA SAÚDE EN ETTs

A xestión da vixilancia da saúde de Empresas de Traballo Temporal (en diante ETT), está lexislada no REAL DECRETO 216/1999, de 5 de febreiro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo dos traballadores/as no ámbito das empresas de traballo temporal. Ademais non debemos  deixar de consultar o art. 22 da Lei 31/1995, que desenvolve as obrigas de empresario/a e dereitos dos traballadores/as nesta materia

O  Real Decreto 216/1999, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo no ámbito das empresas de traballo temporal (ETT), arbitrou os seguintes mecanismos:

1. A empresa usuaria (a empresa que contrata ao traballador de ETT), deberá proporcionar á ETT información completa sobre os riscos xerais existentes no seu centro de traballo, os particulares do posto de traballo a cubrir, as medidas preventivas a adoptar fronte aos mesmos; a formación preventiva que debe posuír o traballador/a posto a disposición e as medidas de vixilancia da saúde que deben adoptarse con relación ao posto de traballo a desempeñar (RD 216/1999, art. 2).

2. A ETT debe asegurar aos seus traballadores/as a vixilancia periódica do seu estado de saúde. Por este motivo,  a empresa usuaria informará á ETT de todas as circunstancias relevantes para a correcta realización desta vixilancia periódica da saúde (RD 216/1999, arts. 3 e 5).

 

Fonte:  coordinaciónempresarial.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS