Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O impacto da dixitalización no traballo

05-01-2018 - Eurofound

Informe redactado por Eurofound (Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo), ten como fin estudar o impacto da dixitalización do traballo para obter información sobre as posibles implicacións do traballo dixital nas condicións de traballo. A dixitalización no ámbito laboral está detrás da transformación das relacións laborais, pois o traballador dixital estabelece relacións laborais diferentes cos seus compañeiros e superiores xerárquicos, é mais autónomo, realiza tarefas máis rutineiras a consecuencia da computarización e ve incrementada a esixencia de desenvolvemento das súas destrezas dixitais para realizar o traballo, feito que determina a súa empregabilidade no futuro

No informe reflexiónase sobre as características do traballo dixital, uso masivo das TIC e  xeración de novas formas de organización do traballo (teletraballo, traballo móbil usando as TIC, etc.), que nun principio parece que poden mellorar o balance vida-traballo pero que ao mesmo tempo poden supoñer un incremento da carga de traballo e de dispoñibilidade constante do traballador/a, impactando no equilibrio traballo-familia, tempo de lecer e de descanso, o que conlevaría efectos negativos sobre a saúde do traballador/a.

Ligazón ao informe O impacto da dixitalización no traballo (en inglés)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS