Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O futuro da agricultura e a silvicultura: repercusións na xestión da seguridade e a saúde dos traballadores

27-01-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Os riscos para a seguridade e a saúde no traballo (SST) no sector agrícola e forestal europeo ameazan a súa viabilidade a longo prazo. A presente publicación examina os desafíos en materia de SST aos que se enfronta o sector, analiza as oportunidades e os riscos novos e emerxentes -derivados, por exemplo, da aparición de tecnoloxías agrícolas intelixentes e do cambio climático- e as súas repercusións para a SST. Examina tamén cuestións socioeconómicas e as dificultades que atopa o sector na xestión das SST e a adaptación ás presións sociais e a evolución do mercado laboral.

As conclusións destacan a necesidade de abordar as prácticas de emprego frecuentemente atípicas do sector e a falta de informes transparentes e sólidos sobre accidentes e enfermidades.

Por último, preséntanse varias recomendacións para resolver os problemas detectados e garantir a sustentabilidade do sector.

Ligazón ao documento “O futuro da agricultura e a silvicultura: repercusións na xestión da seguridade e a saúde dos traballadores” -en inglés-.

Documentos

O futuro da agricultura e a silvicultura repercusións na xestión da seguridade e a saúde dos traballadores.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS