Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O empresario con 25 traballadores poderá asumir a prevención de riscos laborais

08-10-2013 - XESTIÓN PREVENTIVA

A Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, publicada no BOE o pasado 28 de setembro inclúe un artigo sobre prevención de riscos laborais no que se amplían os supostos en que as PEME poderán asumir directamente a prevención, en caso de empresarios cun único centro de traballo e ata vinte e cinco traballadores.

Artigo 39. Prevención de riscos laborais nas PEME. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, queda modificada nos seguintes termos:

Un. Modifícase o artigo 30.5, que queda redactado do seguinte modo:

"Nas empresas de ata dez traballadores, o empresario poderá asumir persoalmente as funcións sinaladas no apartado 1, sempre que desenvolva de forma habitual a súa actividade no centro de traballo e teña a capacidade necesaria, en función dos riscos a que estean expostos os traballadores e a perigosidade das actividades, co alcance que se determine nas disposicións a que se refire o artigo 6.1.e) desta Lei. A mesma posibilidade se recoñece ao empresario que, cumprindo tales requisitos, ocupe ata 25 traballadores, sempre e cando a empresa dispoña dun único centro de traballo."

Dous. Engádese unha Disposición adicional décimo sétima coa seguinte redacción:

"Disposición adicional décimo sétima. Asesoramento técnico ás empresas de ata vinte e cinco traballadores.

En cumprimento do apartado 5 do artigo 5 e dos artigos 7 e 8 desta Lei, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, en colaboración coas Comunidades Autónomas e os axentes sociais, prestarán un asesoramento técnico específico en materia de seguridade e saúde no traballo ás empresas de ata vinte e cinco traballadores.

Esta actuación consistirá no deseño e posta en marcha dun sistema dirixido a facilitar ao empresario o asesoramento necesario para a organización das súas actividades preventivas, impulsando o cumprimento efectivo das obrigas preventivas de forma simplificada."

Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedorese á sús internacionalización.

 

Prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS