Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Parlamento Europeo propón medidas para evitar a ausencia polongada do traballo en casos de traballadores/as con lesións crónicas

13-06-2018 - Parlamento Europeo

O Comité de Emprego e Asuntos Sociais adoptou por unanimidade un conxunto de medidas a fin de evitar a ausencia laboral a longo prazo. Considera que a Comisión Europea e os Estados membros deberían traballar para reter e reintegrar ao lugar de traballo aos traballadores/as que sofren diversas afeccións ou lesións crónicas e fomentar o envellecemento activo.

Os membros do Parlamento Europeo suliñaron que reintegrar aos traballadores/as en empregos de calidade, así como permitirlles manterse activos ata a idade de xubilación e máis aló se así o desexan, é beneficioso para o seu benestar psicosocial e axuda a reter habilidades que doutro xeito se perderían.

No texto o Comité de Emprego e Asuntos sociais propón:

- Mellorar o manexo das ausencias por enfermidade nos Estados Membros;

- Facer que os lugares de traballo sexan máis adaptables ás condicións crónicas e discapacidades mediante a modificación de tarefas, equipos e tempo de traballo (teletraballo, horario flexible, horario de traballo reducido);

- Facer que os lugares de traballo sexan máis adaptables a través de programas de aprendizaxe continua e desenvolvemento de habilidades (incluíndo habilidades dixitais);

- Crear conciencia e abordar posibles barreiras psicolóxicas para volver ao traballo, como a tensión relacionada co traballo ou o estigma da saúde mental;

- Desenvolver e implementar un programa de vixilancia e apoio sistemático para os traballadores/as afectados polos riscos psicosociais, como a depresión ou o esgotamento;

- Empregar a política baseada en evidencia como unha práctica estándar e formar a base dos enfoques de retorno ao traballo;

- Proporcionar apoio técnico externo e orientación para as PEMES e microempresas con experiencia limitada en rehabilitación ocupacional e medidas de reincorporación ao traballo;

- Reforzar o enfoque de xestión de casos nos programas de reintegración co apoio individualmente deseñado e integrado dos traballadores/as sociais ou asesores/as designados para manterse en contacto cos traballadores/as durante a súa ausencia;

- Desenvolver plataformas de intercambio de información para actualizar ás empresas e persoas interesadas sobre os incentivos existentes e os seus dereitos.

Espérase que a votación plenaria teña lugar durante as seguintes sesións en xullo ou setembro.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS