Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Goberno remite o anteproxecto da Lei de Mutuas aos axentes sociais

15-01-2014 - MUTUAS

O texto reforza a capacidade de seguimento das mutuas sobre a Incapacidade Temporal (IT) derivada de continxencias comúns dende o primeiro día da baixa. O anteproxecto recolle tamén o aproveitamento, estimado en 305 millóns de euros, dos recursos asistenciais ociosos das mutuas para que poidan ser usados con carácter preferente polos servizos públicos de saúde

Tras a súa aprobación polo Consello de Ministros, o anteproxecto polo que se modifica a Lei Xeral da Seguridade social en relación co réxime xurídico das mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais foi remitido aos axentes sociais. Tras o seu traslado aos axentes sociais, o anteproxecto será obxecto de estudo por parte do Consello Económico e Social (CES).

A futura lei permite que as mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais -que tras a aprobación da norma pasarán a chamarse mutuas da Seguridade Social- poidan involucrarse nos procesos de Incapacidade Temporal (IT) por continxencias comúns dende o primeiro día da baixa e nas propostas de alta.

As mutuas poderán propoñer unha alta médica motivada, como agora. A diferenza é que, se o médico da sanidade pública non contesta á súa proposta nun prazo de cinco días explicando as razóns para manter a baixa ou admitindo a proposta, a alta será aprobada automaticamente e a mutua o notificará ao traballador e á empresa. Na actualidade, o prazo para responder é de quince días e se a sanidade pública non contesta o traballador segue de baja. Tanto o traballador como o médico da Seguridade Social poden recorrer ante o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) contra a alta da mutua aprobada automaticamente por silencio administrativo. O INSS ten cinco días para resolver e, ata que non o faga, o empregado ten que ir a traballar.

Aproveitamento de recursos

Cabe recordar que como entidades colaboradoras da Seguridade Social as mutuas prestan cobertura sanitaria a un colectivo potencial de 11.439.456 traballadores, grazas a que xestionan ao ano máis de 8.400 millóns de euros en cotizacións sociais.

Para cumprir os seus fins dotáronse dunha rede de recursos ampla. O anteproxecto tamén prevé o aproveitamento dos recursos asistenciais ociosos cos que contan a mutuas, estimado en 305 millóns de euros, para que poidan ser utilizados prioritariamente en colaboración cos servizos públicos de saúde.

Así mesmo, o texto estipula que as mutuas se desfagan das súas sociedades de prevención antes do 31 de decembro de 2014 por non responder á natureza da súa actividade propiamente dita. As devanditas sociedades acumulan unha débeda de 40 millóns de euros coa Seguridade Social.

Como xa se anunciara, o anteproxecto reordena o funcionamento dos órganos de xestión das mutuas: refórzase o papel do presidente e equipáranse as súas retribucións ás correspondentes do sector público.

Prestación por cesamento de actividade para os autónomos

Finalmente, a prestación por cesamento de actividade sométese a revisión. Aínda que en 2010 se regulou esta prestación para os autónomos, xestionada polas mutuas, o seu desfrute é moi limitado na práctica (o 80% das solicitudes denéganse).

O anteproxecto clarifica agora a regulación existente ao concretar que non é necesario presentar unha porcentaxe mínima de perdas para poder solicitar a prestación. Así mesmo, a cobertura esténdese para todas as novas altas do Réxime de Autónomos e desvincúlase da cotización por contingnencias profesionais.

 

Fonte: Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Documentos

Texto-Anteproxecto-Lei-de-Mutuas.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS